Xuntanza institucional entre o Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense e a Deputación Provincial

A Decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, Mareta Gómez, a Vicedecana, Margarita Caneiro, e a Vogal Segunda, Concepción Gómez Pérez-Selas, mantiveron unha reunión institucional co Presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor.

Durante o encontro, ambas institucións abordaron a posibilidade de establecer un convenio de colaboración para a xestión e resposta xurídica en situacións de emerxencia, especialmente en contextos como os lumes forestais, que afectan de maneira recorrente á provincia.

Así mesmo, tratouse o proceso de comarcalización e o seu impacto no servizo público de xustiza, así como diversas cuestións de interese para a provincia vinculadas ao exercicio profesional da avogacía.
Por último, a representación colexial trasladoulle ao Presidente as principais reivindicacións do Turno de Oficio, subliñando a necesidade de reforzar os medios e recursos destinados a garantir un servizo esencial para a cidadanía e para a defesa dos dereitos fundamentais.

O encontro desenvolveuse nun clima de colaboración institucional, asentando as bases para futuras liñas de traballo conxunto en beneficio do colectivo profesional e de toda a cidadanía ourensá.

Tamén che pode gustar...

Publicacións populares

gl_ESGalician