1. OBXECTO
A navegación polo sitio web do PROPIETARIO DA WEB atribúelle a condición de USUARIO do mesmo e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das condicións publicadas neste aviso legal, advertindo que ditas condicións poderán ser modificadas sen previo aviso por parte do PROPIETARIO DA WEB, procedéndose á súa publicación e aviso coa máxima antelación posible.
Por iso, é recomendable ler atentamente o seu contido no caso de que desexe acceder e facer uso da información e dos servizos ofrecidos desde este sitio web.
O usuario, ademais, obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal, e responderá fronte ao PROPIETARIO DA WEB ou fronte a terceiros de calquera dano e prexuízo que puidese causarse como consecuencia do incumprimento desta obriga.
El presente aviso legal regula el uso y utilización del sitio web www.icaourense.gal, del que es titular : ILUSTRE COLEXIO DA AVOGACÍA DE OURENSE (en adelante, EL PROPIETARIO DE LA WEB).
Calquera utilización distinta da autorizada está expresamente prohibida, podendo o PROPIETARIO DA WEB denegar ou retirar o acceso e o seu uso en calquera momento.
2. IDENTIFICACIÓN
O PROPIETARIO DA WEB, en cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, infórmalle de que:
• A súa denominación social é: ILUSTRE COLEXIO DA AVOGACÍA DE OURENSE
• O seu CIF é: Q3263001D
• O seu domicilio social está en: R/ Concello, 22 Baixo – 32002 Ourense
3. COMUNICACIÓNS
Para comunicarse con nós, poñemos á súa disposición diferentes medios de contacto que detallamos a continuación:
• Correo electrónico: secretaria@icaourense.gal
Todas as notificacións e comunicacións entre os usuarios e o PROPIETARIO DA WEB consideraranse eficaces, para todos os efectos, cando se realicen a través de calquera dos medios detallados anteriormente.
4. CONDICIÓSN DE ACESO E UTILIZACIÓN
O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto. Non obstante, o PROPIETARIO DA WEB pode condicionar a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web á previa cumprimentación do correspondente formulario.
O usuario garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique ao PROPIETARIO DA WEB e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.
O usuario comprométese expresamente a facer un uso axeitado dos contidos e servizos do PROPIETARIO DA WEB e a non empregalos para, entre outros:
a) Difundir contidos delituosos, violentos, pornográficos, racistas, xenófobos, ofensivos, de apoloxía do terrorismo ou, en xeral, contrarios á lei ou á orde pública.
b) Introducir na rede virus informáticos ou realizar actuacións susceptibles de alterar, estragar, interromper ou xerar erros ou danos nos documentos electrónicos, datos ou sistemas físicos e lóxicos do PROPIETARIO DA WEB ou de terceiras persoas; así como obstaculizar o acceso doutros usuarios ao sitio web e aos seus servizos mediante o consumo masivo dos recursos informáticos a través dos cales o PROPIETARIO DA WEB presta os seus servizos.
c) Intentar acceder ás contas de correo electrónico doutros usuarios ou a áreas restrinxidas dos sistemas informáticos do PROPIETARIO DA WEB ou de terceiros e, se é o caso, extraer información.
d) Vulnerar os dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como violar a confidencialidade da información do PROPIETARIO DA WEB ou de terceiros.
e) Suplantar a identidade de calquera outro usuario.
f) Reproducir, copiar, distribuír, poñer a disposición de, ou calquera outra forma de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou iso estea legalmente permitido.
g) Recoller datos con finalidade publicitaria e remitir publicidade de calquera clase e comunicacións con fins de venda ou outras de natureza comercial sen que medie a súa previa solicitude ou consentimento.
Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence ao PROPIETARIO DA WEB, sen que poidan entenderse cedidos ao usuario ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos máis alá do estritamente necesario para o correcto uso da web.
En definitiva, os usuarios que accedan a este sitio web poden visualizar os contidos e efectuar, no seu caso, copias privadas autorizadas sempre que os elementos reproducidos non sexan cedidos posteriormente a terceiros, nin se instalen en servidores conectados a redes, nin sexan obxecto de ningún tipo de explotación.
Así mesmo, todas as marcas, nomes comerciais ou signos distintivos de calquera clase que aparecen no sitio web son propiedade do PROPIETARIO DA WEB, sen que poida entenderse que o uso ou acceso ao mesmo atribúa ao usuario dereito algún sobre os mesmos.
A distribución, modificación, cesión ou comunicación pública dos contidos e calquera outro acto que non fose expresamente autorizado polo titular dos dereitos de explotación quedan prohibidas.
O establecemento dun hiperenlace non implica en ningún caso a existencia de relacións entre o PROPIETARIO DA WEB e o propietario do sitio web no que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte do PROPIETARIO DA WEB dos seus contidos ou servizos.
O PROPIETARIO DA WEB non se responsabiliza do uso que cada usuario faga dos materiais postos a disposición neste sitio web nin das actuacións que realice en base aos mesmos.
4.1. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E DE RESPONSABILIDADE NO ACCESO E NA UTILIZACIÓN
O contido do presente sitio web é de carácter xeral e ten unha finalidade meramente informativa, sen que se garanta plenamente o acceso a todos os contidos, nin a súa exhaustividade, corrección, vixencia ou actualidade, nin a súa idoneidade ou utilidade para un obxectivo específico.
O PROPIETARIO DA WEB exclúe, ata onde permite o ordenamento xurídico, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza derivados de:
a) A imposibilidade de acceso ao sitio web ou a falta de veracidade, exactitude, exhaustividade e/ou actualidade dos contidos, así como a existencia de vicios e defectos de toda clase dos contidos transmitidos, difundidos, almacenados, postos a disposición, aos que se accedeu a través do sitio web ou dos servizos que se ofrecen.
b) A presenza de virus ou doutros elementos nos contidos que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou datos dos usuarios.
c) O incumprimento das leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente aviso legal como consecuencia do uso incorrecto do sitio web. En particular, e a modo exemplificativo, o PROPIETARIO DA WEB non se fai responsable das actuacións de terceiros que vulneren dereitos de propiedade intelectual e industrial, segredos empresariais, dereitos ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, así como da normativa en materia de competencia desleal e publicidade ilícita.
O PROPIETARIO DA WEB declina calquera responsabilidade respecto da información que se atope fóra desta web e que non sexa xestionada directamente polo noso webmaster. A función dos enlaces que aparecen nesta web é exclusivamente a de informar ao usuario sobre a existencia doutras fontes susceptibles de ampliar os contidos que ofrece este sitio web. O PROPIETARIO DA WEB non garante nin se responsabiliza do funcionamento ou accesibilidade dos sitios enlazados; nin suxire, invita ou recomenda a visita aos mesmos, polo que tampouco será responsable do resultado obtido. O PROPIETARIO DA WEB non se responsabiliza do establecemento de hipervínculos por parte de terceiros.
4.2. PROCEDemento EN CASO DE REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE CARÁCTER ILÍCITO
No caso de que calquera usuario ou un terceiro considere que existen feitos ou circunstancias que revelen o carácter ilícito da utilización de calquera contido e/ou da realización de calquera actividade nas páxinas web incluídas ou accesibles a través do sitio web, deberá enviar unha notificación ao PROPIETARIO DA WEB, identificándose debidamente e especificando as supostas infraccións.
4.3 PUBLICACIÓNS
A información administrativa facilitada a través do sitio web non substitúe a publicidade legal das leis, normativas, plans, disposicións xerais e actos que teñan que ser publicados formalmente nos diarios oficiais das administracións públicas, que constitúen o único instrumento que dá fe da súa autenticidade e contido. A información dispoñible neste sitio web debe entenderse como unha guía sen propósito de validez legal.
5. LEXISLACIÓN APLICABLE
As condicións presentes rexiranse pola lexislación española vixente.
