A nosa historia

Desde a súa constitución, no século XIX, o Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense buscou participar activamente na defensa dos intereses da nosa provincia e na mellora da vida das persoas que nela habitan. Xeracións de letrados e letradas formaron parte del, e a elas débeselles boa parte do que se ten conseguido para a dignificación da nosa profesión.

O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense representa parte da historia xurídica e social da provincia de Ourense, onde pasado, presente e futuro dos membros deste colectivo se unen na defensa dos dereitos e intereses da cidadanía e dos propios, conforme aos principios deontolóxicos que guían a nosa profesión e a nosa actividade.

Dende as dependencias colexiais da rúa Concello e do Edificio Xudicial, e a través da nosa páxina web, pretendemos prestar mellores servizos ao noso colectivo e á cidadanía.

gl_ESGalician