Marta Gómez Álvarez fai balance do seu primeiro ano á fronte do Colexio da Avogacía de Ourense

A decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, Marta Gómez Álvarez, realizou en Radio Voz balance do seu primeiro ano de mandato á fronte da institución colexial, un período que cualificou como “complicado”, pero necesario para coñecer en profundidade a situación real do Colexio.

Gómez Álvarez, que fue elegida decana el 19 de diciembre de 2024 y tomó posesión del cargo en el mes de febrero, explicó que el primer año ha estado marcado por la dificultad para trabajar con la agilidad deseada. “Ha sido un año complicado para el Colexio da Avogacía de Ourense”, afirmó, señalando que determinadas circunstancias han ralentizado la puesta en marcha de algunas de las propuestas incluidas en el programa con el que la actual Junta de Gobierno concurrió a las elecciones.

Segundo indicou, este primeiro exercicio serviu fundamentalmente para “tomar coñecemento da situación colexial” e para analizar como se estaba a desenvolver a xestión interna da institución. Neste sentido, recoñeceu que, a nivel interno, se atoparon con algunhas sorpresas relacionadas cos procedementos de xestión, cuestións que non sempre poden facerse públicas por motivos como a protección de datos ou outras limitacións legais.

“A prioridade principal agora mesmo é mellorar a eficiencia da xestión do Colexio”, subliñou a decana, que insistiu en que a Xunta de Goberno foi traballando “na medida en que nos foron deixando”, asentando as bases para abordar cambios máis profundos na seguinte etapa do mandato.

Gómez Álvarez comparou este primeiro ano cunha fase de adaptación e organización, semellante á que afrontan outros cargos de responsabilidade institucional, na que se analiza o existente antes de impulsar novas liñas de actuación. Apuntou, ademais, que será a partir do segundo ano cando se poidan despregar con maior claridade as metas e os obxectivos marcados polo actual equipo de goberno.

A decana amosouse convencida de que, superada esta fase inicial, o Colexio poderá avanzar con maior firmeza na modernización da súa xestión e na defensa dos intereses profesionais dos avogados e avogadas de Ourense, reforzando o papel da institución como referente do exercicio da avogacía na provincia.

Marta Gómez advirte da situación “delicada” da avogacía: a mutualidade e a quenda de oficio, no centro da preocupación

A decana do Ilustre Colexio da Avogacía alertou sobre o momento “especialmente delicado” que atravesa a profesión, tanto en materia de previsión social como nas condicións nas que se presta o servizo de xustiza gratuíta na provincia e no conxunto do país.

En relación con la mutualidad, Gómez Álvarez reconoció que el colectivo está en un momento delicado tras dos años de movilización y trabajo, con una ley ya sobre la mesa y en su fase final de tramitación. No obstante, subrayó que el texto actual presenta importantes carencias. “Somos muy conscientes de que queda mucho por hacer”, afirmó, señalando que la norma deja fuera a colectivos especialmente vulnerables, como los abogados y las abogadas ya jubilados, los colegiados y las colegiadas que se dieron de alta en la mutualidad después de 2013, quienes se pasaron al RETA antes de 2023, quienes hayan cotizado más de 15 años en otro régimen o cualquier profesional que perciba alguna prestación del Estado.

A decana explicou que desde a avogacía se segue traballando intensamente para eliminar estas limitacións, impostas no debate político, e para acadar unha pasarela ao RETA individual e universal. “Ninguén se pode quedar fóra. Pedimos dereitos para todos os compañeiros e compañeiras. Ninguén pode ter máis dereitos ca outros”, recalcou.

Especialmente crítica se mostrou coa situación da quenda de oficio, que, segundo lamentou, “non mellora”. Gómez Álvarez enumerou algúns dos factores que teñen agravado a precariedade do servizo, como a obrigatoriedade de realizar os MASC de forma gratuíta, a comarcalización dos xulgados ou a falta de renovación do baremo de xustiza gratuíta. “A Xunta non nos escoita e non se nos dan alternativas”, denunciou.

Cualificou de “chamativo” que a Xunta de Galicia non reciba nin ao presidente do Consello da Avogacía Galega nin aos propios avogados e avogadas que sosteñen o servizo de xustiza gratuíta. “Iso significa que nin sequera nos escoitan. A cidadanía debe ser consciente das condicións de precariedade nas que se está a prestar un servizo esencial como é a xustiza gratuíta.”

A decana anunciou que o Colexio consultará aos colexiados e ás colexiadas sobre os próximos pasos a dar. “Exporremos que é o que ofrece a Xunta, en que condicións, e serán os propios profesionais quen decidan que queren facer”. “A saúde da profesión está tocada, tanto na provincia como no conxunto do país”.

Por último, Gómez Álvarez informou de que o vindeiro luns, 29 de decembro, se presentarán os novos orzamentos colexiais, que incluirán unha rebaixa da cota, unha medida orientada a apoiar economicamente aos profesionais nun contexto especialmente complexo para o exercicio da avogacía.

Tamén che pode gustar...

Publicacións populares

gl_ESGalician