Esta semana dio comienzo una nueva edición del Máster de Acceso a la Abogacía y la Procura, un programa formativo impulsado conjuntamente por la Universidade de Vigo, el Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense e o Colexio Oficial de Procuradores de Ourense.
O acto contou coa presenza da decana do ICA Ourense, Marta Gómez Álvarez, da decana do Colexio de Procuradores, Ana López Calvete, ademais do equipo docente e do alumnado que se matriculou nesta edición.
Durante a súa intervención, a decana do Colexio subliñou a importancia deste mestrado como “ponte entre a formación universitaria e o exercicio profesional, un espazo que une o coñecemento académico coa práctica real do Dereito”.
«Destacou a colaboración institucional como un exemplo de compromiso coa excelencia formativa e coa preparación do alumnado para os retos éticos, xurídicos e sociais que implica a avogacía do século XXI».
O Mestrado ofrece unha formación integral que combina a docencia universitaria con prácticas titorizadas en despachos profesionais, garantindo así unha formación práctica, actual e orientada ao exercicio profesional.
