Fernando Alañón analizou no Foro La Región os retos da Xustiza actual, con presencia do ICA Ourense

A xustiza hoxe en España: cara a onde se encamiña? foi o eixo dun novo Foro La Región protagonizado por Fernando Alañón, maxistrado da Sala Civil e Penal do TSXG e expresidente da Audiencia Provincial de Ourense. A cita reuniu a destacadas personalidades do eido xudicial, político, empresarial e universitario da cidade.

La Junta de Gobierno del ICA Ourense estuvo presente y fue representada por la compañera Pilar Pazos.

Durante a súa intervención, Alañón analizou os retos actuais do sistema xudicial e subliñou ideas como a necesidade de independencia xudicial, a eficiencia organizativa e o desafío do relevo xeracional ante as xubilacións previstas na próxima década. O maxistrado advertiu das carencias estruturais e insistiu en que a xustiza debe “ser independente e tamén parecelo”, nun contexto que esixe reformas e planificación dos recursos humanos.

O Foro, que combinou conferencia e coloquio, serviu para promover o debate público informado sobre o presente e o futuro da Xustiza. A asistencia de membros da Xunta de Goberno do ICA Ourense amosa o compromiso deste Colexio cos espazos de reflexión profesional e co fortalecemento institucional.

Tamén che pode gustar...

Publicacións populares

gl_ESGalician