Mayte Otero: “Os avogados e as avogadas somos traballadores con obrigas pero sen dereitos”.

A secretaria da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, Mayte Otero, analizou nunha entrevista no programa Matinal Líder de Radio Líder a situación crítica pola que atravesa a profesión. Pensións, quenda de oficio, MASC, tribunais de instancia ou o impacto da intelixencia artificial na xustiza foron algúns dos temas abordados.

Mutualidade pensións

Otero foi taxante ao referirse ao problema da mutualidade da avogacía: “Moitos avogados e moitas avogadas temos un serio problema coas nosas pensións. Pertencemos a unha mutualidade que comezou sendo obrigatoria para os compañeiros e compañeiras máis maiores e que acabou converténdose nunha aseguradora que hoxe non garante nada.”

«Tenemos compañeros y compañeras que no se pueden jubilar porque apenas les quedan 300 o 400 euros al mes. Lo que pedimos es que los años cotizados se computen uno por uno. Lo que no puede ser es que nos permitan pasar al RETA perdiendo todo lo aportado, como si no tuviéramos vida laboral”.

Quenda de oficio

Sobre a Quenda de Oficio, a secretaria do ICA Ourense denunciou que o servizo se mantén grazas ao esforzo persoal, profesional e económico dos propios avogados e avogadas. “Hai actuacións que desenvolvemos e non se indemnizan, non se retribúen xustamente, e somos os colexiados e as colexiadas quen sostemos o sistema coas nosas cotas colexiais. Nin médicos nin profesores traballan gratis. Porén, nós prestamos servizos públicos sen dereitos laborais de ningún tipo”.

E todo nun contexto no que cada vez se colexian menos avogados e avogadas pola precariedade na que se traballa. Cada vez hai máis casos da quenda de oficio, hai un aumento da litixiosidade, hai máis traballo pero en condicións cada vez máis precarias.

Neste sentido lembrou que todos os avogados e avogadas están obrigados e obrigadas a prestar o servizo de Quenda de Oficio que nos partidos xudiciais grandes se está a cubrir con voluntarios e voluntarias, pero nas vilas isto xa non é posible. «Non podemos seguir pedíndolles a compañeiros e compañeiras que traballen case de balde.»

Día Internacional de las Personas de Edad

De cara al Día Internacional de las Personas Mayores, que se celebra el próximo 1 de octubre, Otero adelantó que el Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense ha organizado una jornada sobre cuestiones que preocupan especialmente en esta etapa de la vida. “Hablaremos de testamento vital, de cómo queremos que se cumplan nuestras voluntades, de cuidados y de las herramientas jurídicas disponibles para garantizarlo”.

MASC

A avogada tamén se referiu aos cambios normativos que obrigan a intentar unha conciliación antes de presentar certas demandas. “É unha medida que busca evitar xuízos innecesarios, pero na Quenda de Oficio non se nos indemniza esa actuación. Temos que realizala pola nosa conta. Hai casos nos que ese acordo previo é factible, pero porén hai outros nos que é imposible e todo iso, sen dúbida, provoca un maior atraso nos procedementos.”

Xulgados de Instancia

Preguntada sobre os tribunais de instancia, Otero amosou a súa preocupación polo seu impacto nos casos de violencia de xénero: “As vítimas terán que desprazarse ás capitais de provincia para declarar, e iso prexudica claramente ás persoas usuarias”.

Intelixencia Artificial

Tamén abordou o papel da intelixencia artificial no sistema xudicial. “A IA pode ser unha ferramenta útil, pero aínda comete moitos erros. Hai clientes que chegan co caso estudado en ChatGPT, pero non sempre se axusta á normativa. É fundamental recorrer a un profesional do Dereito”.

Profesión en crise

A secretaria do ICA Ourense pechou a entrevista cunha mensaxe contundente. “A avogacía atravesa un dos seus peores momentos. Traballamos máis, en peores condicións, cada vez con menos dereitos, máis obrigas e con maior desprestixio. Somos traballadores con obrigas, pero sen dereitos. Levamos anos en folga e ninguén nos escoita de verdade e o Estado é responsable desta situación”.

Tamén che pode gustar...

Publicacións populares

gl_ESGalician