PLATAFORMA MERCURIO - Interrupción do servizo do 22 ao 24 de agosto

En relación co acceso destinado aos avogados e ás avogadas na plataforma Mercurio, desde o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática infórmase de que -por motivos de mantemento técnico- a plataforma Mercurio permanecerá fóra de servizo desde as 14:00 horas do venres 22 ata o domingo 24 de agosto de 2025.

De conformidade co disposto no artigo 32.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, determínase a ampliación dos prazos non vencidos o 22 de agosto de 2025 nun día hábil.

Tamén che pode gustar...

Publicacións populares

gl_ESGalician