O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, xunto coa Facultade de Dereito, ofrece o Máster de Acceso á Abogacía e á Procura, que é un requisito previo para acceder ás profesións de Avogado/a e Procurador/a.
Desde principios de setembro de 2025 ata xaneiro de 2026, o alumnado matriculado no Máster durante o curso 2024/2025 realizará o seu período de Prácticas Externas Largas nos distintos despachos de Avogados/as e/ou Procuradores/as que estean interesados/as en acoller a algún/a estudante.
De acordo co disposto no art. 16 do R.D. 775/11, do 3 de xuño, polo que se aproba o Regulamento da Lei 34/06, do 30 de outubro, sobre Acceso ás Profesións de Avogado/a e Procurador/a dos Tribunais, exíxese un período mínimo de 5 anos de exercicio da abogacía para a tutorización destas prácticas.
Todos/as aqueles/as que estedes interesados/as en acoller a algunha das/os alumnas/os do Máster, rogamos que o comuniquedes ao Coordinador Profesional do Máster, Benjamín Mayo, na dirección de correo electrónico, mailito: depacho@mayomendez.com, a mais tardar, o vindeiro 8 DE XULLO, co fin de confeccionar a lista definitiva de Avogados/as e Procuradores/as colaboradores.
Na devandita comunicación, indicade, por favor, os datos completos do voso despacho: nome, dirección, teléfono e correo electrónico, e se o considerades pertinente, a especialidade ou especialidades principais do despacho, para o seu coñecemento polos/as alumnos/as á hora de elixir o despacho
Gracias pola colaboración
