O Dereito Laboral atravesa un momento de profunda transformación. A incorporación de novas tecnoloxías ao ámbito profesional, a evolución da xurisprudencia e os cambios en materia de contratación e temporalidade están a formular novos retos tanto para a avogacía como para os órganos xudiciais.
Co obxectivo de analizar algunhas destas cuestións desde unha perspectiva eminentemente práctica, o Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense organiza o vindeiro 12 de novembro a xornada «Novos retos do Dereito Laboral», que reunirá destacados especialistas do ámbito xurídico e xudicial.
Ao longo da tarde abordaranse cuestións como a proba no proceso laboral e o uso de WhatsApp e outros medios telemáticos, as resolucións máis recentes e relevantes da orde social e a cuantificación da indemnización derivada do abuso da temporalidade.
Unha xornada pensada para actualizar coñecementos, compartir criterios e analizar algúns dos asuntos que están a marcar actualmente a práctica do Dereito Laboral.
Programa
16.45 h. Presentación.
17 h. D. Alberto Novoa Mendoza. Socio da área laboral de Roca Junyent: Cuestións prácticas da proba no proceso laboral. Novas tecnoloxías e proba: WhatsApp e outros medios telemáticos.
17.40 h. Coloquio.
18 h. D. Germán Serrano Espinosa. Maxistrado da Sala do Social do TSX de Galicia: Xurisprudencia de vangarda da orde social.
18.40 h. Coloquio.
19 h. D. Pablo Guntiñas Fernández. Socio da área laboral de Vento Abogados: Obadal, a STS 475/2026 e a cuantificación da indemnización por abuso da temporalidade.
19.40 h. Coloquio.
