Con motivo do Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio, que se conmemora cada 12 de xullo, o Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense (ICA) e o Ilustre Colexio de Procuradores celebraron un acto conxunto para render homenaxe aos profesionais que sosteñen o dereito á defensa de quen máis o necesita. Unha xornada marcada pola emoción e a reivindicación.
Durante a apertura do acto, a decana do ICA, Marta Gómez, decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, dirixiu unhas palabras ás persoas asistentes: “Hoxe conmemoramos unha data, pero, sobre todo, reafirmamos un compromiso: o dunha avogacía digna, forte, unida e comprometida cos dereitos fundamentais. A Xustiza Gratuíta é un dos piares máis nobres do noso sistema democrático, pero non se sostén soa. Sostense grazas ao compromiso de milleiros de profesionais que exercen na Quenda de Oficio con responsabilidade e dignidade”.
Gómez insistiu na necesidade de condicións laborais xustas para avogados e procuradores: “Non se pode ofrecer unha xustiza digna se quen a presta traballa en condicións indignas. Precisamos retribucións xustas, medios adecuados e un recoñecemento real”.
Tras a súa intervención, cedeu a palabra á decana dos procuradores de Ourense, Ana López Calvete, nun xesto de unidade institucional para visibilizar as reivindicacións compartidas do colectivo.
«Non somos unha ONG». A Quenda de Oficio alza a voz en Ourense

Durante o acto, tamén interveu Aline Castro, avogada e colexiada do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, quen denunciou a situación crítica que atravesa a Quenda de Oficio: “Está estruturada como se fose un voluntariado. Non temos dereitos laborais nin cobertura social. Asumimos custos persoais, e cando se nos paga, as retribucións son ridículas”.
Segundo lembrou, este servizo público alcanza a máis de tres millóns de cidadáns en todo o país, e atópase ao bordo do colapso por falta de medios. “A situación necesita un cambio estrutural de base. Non é momento de remendos”, reiterou Aline Castro. “Non somos unha ONG”: a avogacía de oficio en Ourense alza a voz por un servizo digno.
O colectivo prevé novas mobilizacións a partir de setembro, ante a falta de resposta institucional.
Homenaxe ao avogado Cándido Soria
O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense celebrou, tamén, unha emotiva homenaxe ao avogado Cándido Soria Fortes, falecido o pasado mes de xaneiro, pola súa labor profesional e compromiso social. Cándido Soria, fallecido el pasado enero, por su extensa labor profesional y compromiso social.

Luis Romero, compañeiro e amigo de Soria desde a adolescencia, foi o encargado de ler unhas sentidas palabras ante os asistentes, entre os que se atopaban os fillos do homenaxeado, que agradeceron publicamente o recoñecemento, a placa conmemorativa e a carta dedicada polo colexio profesional.
“Foi unha persoa marabillosa, coherente coas súas ideas, compañeiro leal e amigo dos seus amigos”, destacou Romero, quen tamén solicitou que a Comisión de Asistencia Xurídica Penitenciaria de Ourense pase a levar o seu nome. Lembrou o seu traballo en defensa das persoas reclusas, o seu compromiso co Comité Antisida e a súa participación activa na plataforma ecoloxista Ríos Limpos. “O desprotexido era a orixe e o fin do seu traballo”, concluíu.
O acto reuniu a avogados, autoridades e compañeiros do ICA, nun contexto de reivindicación do papel esencial da avogacía de oficio e de denuncia polas precarias condicións laborais que atravesan.
