O próximo sábado 27 de setembro, ás 11:30 horas, terá lugar en Gran Vía (Madrid) unha gran manifestación na que avogados, avogadas e procuradores e procuradoras de toda España se mobilizarán para defender os seus dereitos laborais. A convocatoria aspira a visibilizar as condicións nas que exercen estes profesionais e a reclamar melloras que garanticen un exercicio digno e sostible da profesión.
En apoio á participación da avogacía ourensá, o Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense (ICA Ourense) concederá axudas para o desprazamento. As solicitudes deben enviarse por correo electrónico a: secretaria@icaourense.gal.
Unha reivindicación de alcance estatal
A marcha reunirá a profesionais de toda España para reclamar condicións laborais xustas, recoñecemento efectivo do desempeño diario e medidas que garantan a sustentabilidade económica e persoal do exercicio.
Chamamento á participación
O ICA Ourense anima a todos os colexiados e a todas as colexiadas a sumarse á manifestación e a formalizar a súa solicitude de axuda de desprazamento coa maior antelación posible. A participación masiva fortalece a voz colectiva da profesión en defensa dos dereitos laborais e dun servizo de xustiza de calidade para a cidadanía.
Apoio do ICA Ourense
Con el fin de facilitar la asistencia, el ICA Ourense habilita ayudas de viaje para colegiados/as en desplazarse hasta Madrid el mismo día de la concentración.
- Como solicitar a axuda: remitir un correo a secretaria@icaourense.gal indicando a intención de participar na manifestación.

