A formación, que se celebrará o 24 de novembro en formato presencial e en liña, será obrigatoria para os profesionais adscritos a determinados servizos da quenda de oficio.
O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense (ICA Ourense) colabora coa Facultade de Dereito de Ourense da Universidade de Vigo na organización do seminario «A protección xurídica das mulleres e menores vítimas de violencia. Tutela xudicial efectiva e garantías de protección», que terá lugar o vindeiro martes, 24 de novembro, de 16.00 a 19.30 horas.
A actividade formativa, enmarcada na conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25N), abordará as garantías procesuais das vítimas, a prevención da vitimización secundaria, a protección xurídica dos menores e o acceso á xustiza das mulleres estranxeiras e vítimas de trata e explotación sexual.
Programa
16.00 h. Inauguración e presentación
- Eladio Santos Martínez. Subdelegado do Goberno en Ourense.
- Susana Álvarez González. Decana da Facultade de Dereito de Ourense.
- Inés Celia Iglesias Canle. Directora do seminario e do Instituto Universitario Xustiza e Xénero.
- Representación do ICA Ourense.
16.30 h. Tutela xudicial efectiva e garantías procesuais das vítimas de violencia de xénero: protección fronte á vitimización secundaria. Inés Celia Iglesias Canle, catedrática de Dereito Procesual da Universidade de Vigo.
17.15 h. A protección procesual dos menores vítimas de violencia de xénero: audiencia, proba preconstituída e garantías de protección. Ana Isabel González Fernández, profesora axudante doutora de Dereito Procesual da Universidade de Vigo.
18.00 h. Pausa.
18.20 h. Acceso á xustiza e protección integral de mulleres estranxeiras e vítimas de trata e explotación sexual. María Pilar Manso López, fiscal delegada de Trata de Persoas e Estranxeiría de Ourense.
18.20 h. Máis alá da explotación: saúde, dereitos e protección das vítimas de trata. Petra Torres Almendro, Médicos do Mundo.
19.20 h. Debate e clausura. Ana Isabel González Fernández, coordinadora do seminario, e representación do ICA Ourense.
Aviso importante: formación obligatoria
A asistencia a esta actividade formativa será obrigatoria para:
- Os compañeiros e compañeiras adscritos á quenda de oficio específica de Violencia de Xénero da provincia de Ourense.
- Os compañeiros e compañeiras adscritos á quenda de oficio penal e asistencia ao detido de Xinzo de Limia, Bande, Celanova, Verín, O Barco de Valdeorras, Trives, O Carballiño e Ribadavia.
Haberá control de asistencia
Os colexiados e colexiadas para os que esta formación sexa obrigatoria non terán que formalizar a súa inscrición, xa que o ICA Ourense a tramitará directamente.
Para obter o diploma acreditativo será necesario asistir, como mínimo, ao 90 % das sesións e completar o cuestionario de avaliación.
