A Xunta Xeral aproba os Orzamentos de 2026, que reducen a cota colexial a 45 euros para as persoas exercientes
A Xunta Xeral Ordinaria do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense aprobou os Orzamentos correspondentes ao exercicio 2026, dando luz verde a unha proposta estratéxica que permitirá mellorar os servizos colexiais e reducir a cota colexial das persoas colexiadas exercientes ata os 45 euros.
Esta aprobación supón un paso decisivo cara a unha xestión máis eficiente, sostible e orientada ás necesidades reais do colectivo, evitando a prórroga dos orzamentos vixentes e garantindo a continuidade das liñas de mellora impulsadas pola actual Xunta de Goberno.
Os Orzamentos de 2026 reforzan o compromiso da Xunta de Goberno cun modelo de funcionamento responsable, equilibrado e beneficioso para o conxunto da avogacía, apostando por uns servizos colexiais de maior calidade cun menor impacto económico para as persoas exercientes.
A Xunta de Goberno agradece a participación activa dos colexiados e colexiadas na Xunta Xeral, subliñando a importancia da implicación do colectivo na toma de decisións que inciden directamente tanto nas cotas como no funcionamento futuro da institución.
