- “A Xunta non pode presumir de dereitos mentres precariza a quen os garante. Obrígannos a traballar gratis”, Marta Gómez, decana do ICA Ourense.
- «A Quenda de Oficio non pode seguir funcionando a costa do sacrificio persoal e económico dos profesionais».
Ourense, 15 de xaneiro de 2026. O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense (ICA Ourense) denuncia publicamente que, estando xa a mediados de xaneiro de 2026, a Xunta de Galicia continúa sen presentar un baremo económico xusto e actualizado para a quenda de oficio, unha situación que pon en serio risco a sustentabilidade dun servizo público esencial como é a xustiza gratuíta.
A decana do ICA Ourense, Marta Gómez Álvarez, denuncia que «a Xunta de Galicia está a desprezar de forma consciente e reiterada aos profesionais da quenda de oficio. Non presentar un baremo digno non é só unha cuestión técnica, é unha decisión política que castiga a quen sosteñen a xustiza gratuíta. A Xunta non contempla no seu baremo as novas actuacións. Obrígannos a traballar gratis».
Este «castigo» da Xunta de Galicia prodúcese despois de que o pasado mes de novembro o Consello da Avogacía Galega comunicase oficialmente que non asinaría o convenio do baremo da quenda de oficio para o ano 2026 proposto polo goberno galego, ao considerar que a proposta económica era manifestamente insuficiente e non garantía unha prestación digna e continuada do servizo público de asistencia xurídica gratuíta.
Desde o ICA Ourense lémbrase que «as letradas e os letrados da quenda de oficio sosteñen un servizo esencial para decenas de miles de persoas en Galicia, moitas delas en situación de especial vulnerabilidade, e que a súa retribución debe reflectir a elevada responsabilidade que asumen».
Neste senso, a decana advirte de que «a nova lexislación amplía as funcións da quenda de oficio sen que a proposta da Xunta contemple o seu aboamento. Esíxese máis traballo, máis responsabilidade e máis obrigas, pero non se pagan», subliña Gómez Álvarez.
O ICA Ourense denuncia, ademais, que o incremento económico formulado pola administración autonómica non cobre a subida do IPC que se vén arrastrando desde hai máis de dúas décadas, e que a proposta apenas permitiría absorber o incremento de asuntos previsto, o que evidencia, a xuízo da avogacía ourensá, o escaso interese que a Xunta de Galicia está a dedicar ao mantemento e reforzo do servizo público de xustiza gratuíta. Hai conceptos que subirán menos dun euro.
«Falar de xustiza gratuíta mentres se paga por debaixo do IPC e se ignora o incremento real de asuntos e a existencia de novas actuacións que se engaden ás que xa non se aboaban, do mesmo xeito que non se aboan as gardas ou a dispoñibilidade, é unha contradición intolerable. A Xunta non pode presumir de dereitos mentres precariza a quen os garante», afirma a decana.
Advierte, también, de las consecuencias directas para la ciudadanía si esta situación se mantiene: “si la Xunta continúa por este camino, no solo está atacando a la abogacía que presta el servicio público de Justicia Gratuita en el Turno de Oficio, está poniendo en riesgo el acceso real a la justicia de miles de personas vulnerables”.
O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense reitera a súa disposición ao diálogo e á negociación, pero unicamente se existe unha proposta seria, responsable e axustada á realidade do servizo. «A paciencia da avogacía ten un límite. A quenda de oficio non pode seguir funcionando a costa do sacrificio persoal e económico dos profesionais. A Xunta debe rectificar de inmediato se non quere ser responsable do deterioro dun servizo público esencial», conclúe Gómez Álvarez.
