Membros da Xunta de Goberno do ICA Ourense sumáronse o 8 de maio á mobilización para reclamar a aprobación inmediata dunha solución individualizada para os mutualistas alternativos.
A avogacía de Ourense e membros da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense participaron o 8 de maio en Madrid na manifestación convocada para reivindicar a aprobación inmediata dunha pasarela ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos —RETA— que sexa xusta, completa e accesible para todos os mutualistas alternativos.
Desde o ICA Ourense considérase imprescindible que o proceso lexislativo en curso dea resposta a unha situación que afecta a miles de profesionais da avogacía, moitos deles nunha grave incerteza respecto da súa futura xubilación.
A reivindicación do Colexio é clara: unha pasarela ao RETA un a un, para todos, que garanta seguridade xurídica, igualdade de trato e unha solución real para quen cotizou durante anos fóra do sistema público.
Con su presencia en Madrid una vez más, la Junta de Gobierno del ICA Ourense quiso mostrar su apoyo al colectivo afectado y reclamar a los poderes públicos una respuesta urgente, responsable y técnicamente sólida.
A Avogacía de Ourense seguirá defendendo unha solución xusta que permita avanzar cara a unha xubilación digna para todos os profesionais afectados.
