Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense

Aberta a convocatoria para despachos interesados en acoller alumnado en prácticas do Máster de Acceso á Avogacía e á Procura

O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, xunto coa Facultade de Dereito, imparte o Máster de Acceso á Avogacía e á Procura, requisito previo para o exercicio das profesións de avogado/a e procurador/a.

O alumnado matriculado no curso 2025/2026 realizará o seu período de Prácticas Externas Longas desde principios de setembro de 2026 ata xaneiro de 2027 en despachos de avogados/as e/ou procuradores/as interesados en colaborar.

Para titorizar estas prácticas é necesario contar cun mínimo de cinco anos de exercicio profesional, conforme ao establecido no artigo 16 do Real Decreto 775/2011, do 3 de xuño.

Os despachos interesados deberán comunicalo á Coordinadora Profesional do Máster, Miryam Martínez, a través do correo electrónico despacho.master@randulfe.net, antes do 5 de xuño, indicando os datos completos do despacho: nome, enderezo, teléfono, correo electrónico e, se o consideran oportuno, a especialidade ou especialidades principais.

Os custos correspondentes ás cotizacións á Seguridade Social das persoas que colaboren nos despachos serán asumidos integramente pola Universidade de Vigo.

Tamén che pode gustar...

Publicacións populares

gl_ESGalician