A avogacía de Ourense participa en PREVISEL 2026 para analizar as implicacións xurídicas da prevención de incendios

Ourense, marzo de 2026.

Os incendios en contornas laborais non son unicamente unha emerxencia que deba ser controlada desde o punto de vista técnico. Tamén poden converterse na orixe de graves responsabilidades penais e civís para todos os profesionais implicados nun proxecto ou actividade.

Este foi un dos eixos da mesa redonda celebrada no 19º Salón da Prevención e Seguridade Laboral (PREVISEL), organizado no marco de Expourense os días 11 e 12 de marzo, onde participaron representantes de distintos colexios profesionais para analizar os retos actuais da seguridade contra incendios.

En representación del Ilustre Colegio de la Abogacía de Ourense (ICA Ourense) intervino Manuela Fernández Cougil, quien abordó las responsabilidades jurídicas que pueden derivarse de un incendio cuando existen fallos en la prevención, la planificación o la gestión del riesgo.

Segundo explicou, no ámbito xurídico existe unha premisa fundamental: non abonda con apagar o lume, é necesario demostrar que se fixo todo o posible para evitalo.

Según explicó, en el ámbito jurídico existe una premisa fundamental: no basta con apagar el fuego, es necesario demostrar que se hizo todo lo posible para evitarlo.

A falta de prevención, de formación axeitada, de control ou dunha resposta dilixente pode traducirse en danos persoais, perdas económicas, afeccións ao medio ambiente e responsabilidades xurídicas de gran alcance, tanto no ámbito civil como penal.

Así mesmo, púxose de relevo que a actuación posterior ao sinistro pode resultar determinante. Actuar con rapidez, avisar ás autoridades, rexistrar o ocorrido, comunicar axeitadamente, investigar as causas e documentar todo o proceso non é só unha boa práctica operativa, senón tamén unha necesidade xurídica que pode influír decisivamente na determinación de responsabilidades.

A mesa redonda reuniu representantes de diversos colexios profesionais —arquitectos, aparelladores, enxeñeiros técnicos industriais, enxeñeiros agrónomos e avogados— co obxectivo de ofrecer unha visión multidisciplinar da seguridade contra incendios, abordando tanto os aspectos técnicos como as implicacións normativas e xurídicas.

A participación do ICA Ourense en PREVISEL pon de manifesto a importancia de integrar a perspectiva xurídica na prevención de riscos laborais, especialmente en ámbitos como a seguridade contra incendios, onde as decisións técnicas e organizativas poden ter consecuencias legais de gran relevancia.

gl_ESGalician