Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense

A Xunta prorroga de xeito unilateral o baremo da Quenda de Oficio sen atender as demandas dos letrados e letradas

A Orde do 12 de febreiro de 2026 prorroga, durante o cuarto trimestre de 2025 e o primeiro, segundo e terceiro trimestres de 2026, o acordo entre a Xunta de Galicia e o Consello da Avogacía Galega en materia de compensación económica pola asistencia xurídica gratuíta.

Esta prórroga adóptase de maneira unilateral por parte da Administración autonómica e limítase aos tres millóns de euros de incremento orzamentados pola Xunta, sen atender as reivindicacións e propostas formuladas polo colectivo profesional.

Desde a avogacía insístese na necesidade dunha negociación real que permita dignificar o servizo público de Xustiza e garantir unha compensación axeitada ao traballo desenvolvido polos e polas profesionais da Quenda de Oficio.

Tamén che pode gustar...

Publicacións populares

gl_ESGalician