Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense

La abogacía ourensana se planta ante el desprecio de la Xunta y consultará a sus colegiados y colegiadas sobre el servicio público de Justicia Gratuita

  • O ICA Ourense convocou ás persoas colexiadas para que decidan se aceptar a oferta actual da Xunta de Galicia ou manter unha postura firme en defensa dunha negociación orzamentaria digna.

OURENSE, 6 de febreiro de 2026. O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense anuncia o inicio dunha consulta vinculante ás persoas colexiadas para decidir as accións a emprender ante a inaceptable proposta da Xunta de Galicia sobre o financiamento do servizo público de Xustiza Gratuita. «A administración autonómica optou pola imposición unilateral dunhas condicións que comprometen a viabilidade dun servizo público esencial e o dereito fundamental á tutela xudicial efectiva», explica a decana do ICA Ourense, Marta Gómez.

«A proposta da Xunta —insiste Gómez— limítase a un incremento orzamentario que non acada os 3 millóns de euros, unha cifra que a avogacía galega considera absolutamente insuficiente, xa que o incremento estimado para cubrir o custo básico das actuacións realizadas polos profesionais, e evitar que teñan que prestar o servizo a perdas, é de arredor de 6 millóns de euros».

Mentres a Xunta négase a negociar un incremento orzamentario digno para a Xustiza Gratuita, por unha diferenza de 3 millóns de euros, destina máis de 8 millóns de euros da mesma Consellería a obras menores e mobiliario. «Esta situación —advirten desde o ICA Ourense— pon de manifesto un desprezo absoluto cara ao labor dos profesionais que, día a día, garanten o acceso á xustiza para a cidadanía máis vulnerable».

«O que falta non é diñeiro, é vontade política para atender as demandas dun servizo público e dun colectivo esenciais para o Estado de Dereito. A administración podía ter asumido, como mínimo, unha parte razoable das demandas do colectivo, pero preferiu darlles as costas aos profesionais e á cidadanía, impoñendo un reparto limitado dunha cantidade irrisoria e unha estratexia de presión económica», argumenta Marta Gómez.

«A administración débelles aos profesionais do Turno de Oficio o traballo xa realizado no cuarto trimestre de 2025 (ao estar condicionado o pagamento á publicación unilateral dun novo baremo); e tampouco lles paga aos colexios os gastos de infraestrutura do ano pasado, afectando gravemente á súa xestión económica, ao teren que adiantar estes fondos con cargo ás cotas das persoas colexiadas. Isto supón unha carga financeira indebida, desviando recursos que deberían destinarse a outros fins colexiais.»

A oferta da Xunta:

É insuficiente: o mero incremento anual de solicitudes (un 6,8 % no último ano) absorberá por completo a suba, perpetuando a precariedade actual.

Non é unha negociación real: impóñese unha cifra pechada, limitando o diálogo a como repartir os 3 millóns, sen abordar o problema de fondo.

Ignora reivindicacións históricas: ignóranse por completo cuestións fundamentais como a remuneración das gardas e a dispoñibilidade dos letrados as 24 horas do día.

Perpetúa los impagos y retrasos: Se perpetúa el impago de los gastos de infraestructura y se obliga a los Colegios a seguir adelantando pagos con las cuotas de todos los colegiados y todas las colegiadas.

Non se trata só dunha proposta de financiamento futuro insuficiente, senón de incumprimentos presentes que afectan a servizos xa prestados e á xestión dos propios colexios profesionais.

Ante este escenario consultarase aos letrados e ás letradas para que decidan entre as dúas únicas vías existentes: aceptar a oferta actual e seguir traballando gratis de forma precaria ou rexeitala e manter unha postura firme ata que se abra unha negociación real da dotación orzamentaria, que dignifique o servizo e o traballo de quen o presta.

O ICA Ourense convocou ás persoas colexiadas, o 11 de febreiro, ás 18:00 horas, a unha sesión informativa no salón de actos do colexio e remitirá, nos vindeiros días, unha consulta escrita ás persoas colexiadas adscritas ao servizo público de Xustiza Gratuita.

Galicia Press – Pie en pared de los abogados ante la Xunta: consulta a los colegiados por la asistencia de justicia gratuita

Galicia confidencial – A avogacía de Ourense cualifica de «imposición» a oferta da Xunta e convoca unha consulta vinculante

Galicia Press – La abogacía de Ourense consulta a sus colegiados la postura sobre la oferta de Xunta para la justicia gratuita

Faro de Vigo – El ICA consulta a sus letrados sobre los pagos del turno de oficio de la Xunta

Tamén che pode gustar...

Publicacións populares

gl_ESGalician