- En una contundente muestra de unidad, la abogacía de Ourense ha rechazado con una mayoría aplastante, la propuesta de la Xunta de Galicia para la financiación del Turno de Oficio.
- A firmeza do colectivo tivo como consecuencia inmediata a axilización dos pagamentos atrasados por parte da Administración, se ben se agarda que esta publique de forma unilateral o novo baremo do servizo o vindeiro luns.
OURENSE, 22 de febreiro de 2026–O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense informa do resultado da consulta realizada aos seus colexiados e colexiadas sobre a proposta da Xunta de Galicia para o financiamento da Quenda de Oficio. Cunha participación que reflicte a preocupación do colectivo, os letrados e as letradas votaron ‘NON’ ás propostas actuais mentres non se acepte un incremento orzamentario suficiente, respaldando de forma contundente a postura firme da Xunta de Goberno na defensa dun servizo público digno e xustamente retribuído.
Esta demostración de unidade e firmeza, sumada á doutros colexios, xa provocou unha primeira reacción por parte da Administración. Tras o anuncio das consultas e a clara posición da avogacía, a Xunta de Galicia procedeu a aboar parte dos atrasos pendentes. Este movemento demostra que a presión exercida a través dunha postura unida e decidida é a única vía eficaz para que a Administración atenda as xustas reivindicacións do colectivo.
Para la Decana, Marta Gómez Álvarez, “el resultado en Ourense envía un mensaje inequívoco: la abogacía no acepta una propuesta insuficiente que no dignifica el servicio ni reconoce el trabajo de sus profesionales. La oferta de la Xunta, lejos de ser una negociación real, perpetúa las carencias de quienes garantizan el acceso a la justicia de las personas más vulnerables.”
Desde o ICA Ourense —insiste Gómez Álvarez— facemos un chamamento á unidade e ao compañeirismo. A experiencia destes últimos días evidencia que a firmeza colectiva dá resultados. Votar ‘NON’ non é só unha cuestión de dignidade profesional, senón unha ferramenta de negociación eficaz”.
Aceptar a proposta actual sería validar a estratexia da Xunta e lexitimar os seus incumprimentos. “É o momento de demostrar que estamos unidos na defensa do Servizo Público de Xustiza. Confiamos en que os compañeiros e compañeiras de toda Galicia se sumarán a esta postura maioritaria polo ben da profesión e do Estado de Dereito” – conclúe.
A Xunta de Goberno do ICA Ourense continuará informando dos vindeiros pasos e reafirma o seu compromiso irrenunciable coa defensa dun servizo público esencial.
- La Voz de Galicia Os avogados rexeitan a proposta da Xunta para financiar a quenda de oficio
- Galicia Press A Avogacía de Ourense vota ‘non’ á proposta da Xunta ata que se acepte un incremento orzamentario
- La Región A Avogacía de Ourense vota «non» á proposta da Xunta ata lograr un aumento orzamentario
