Formación especializada en Ciberdelincuencia y Prueba Digital. 23, 25 y 26 de febrero

El Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense (ICA Ourense) celebrará los próximos días 23, 25 y 26 de febrero, en horario de 16:30 a 19:30 horas, una formación especializada bajo el título: «Ciberdelincuencia y prueba digital. Claves para la investigación y defensa”.

As sesións terán lugar no salón de actos do ICA Ourense, consolidando o compromiso do Colexio coa actualización continua da avogacía ante os novos retos xurídicos derivados da contorna dixital.

A formación será impartida por Efrén Varón Gil, presidente de Ourensec e garda civil en excedencia, profesional con ampla experiencia no ámbito da investigación tecnolóxica e da seguridade dixital.

Un enfoque práctico

Durante as tres xornadas abordaranse cuestións esenciais como:

  • A tipoloxía actual da ciberdelincuencia.
  • Obtención e validez da proba dixial.
  • Cadea de custodia e preservación de evidencias electrónicas.
  • Estratexias procesais na investigación e defensa en delitos tecnolóxicos.
  • Erros frecuentes no tratamento probatorio dixital.

Nun contexto no que os delitos informáticos e o uso de medios dixitais nos procedementos xudiciais son cada vez máis habituais, esta formación permitirá aos profesionais adquirir ferramentas prácticas para afrontar con solvencia a dirección letrada en asuntos relacionados coas novas tecnoloxías.

Inscricións

Tamén che pode gustar...

Publicacións populares

gl_ESGalician