O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense condea o apuñalamento dun letrado da quenda de oficio en Oviedo

  • La Junta de Gobierno del ICA Ourense participará en la concentración de repulsa convocada para mañana viernes

Ourense, 23 de abril de 2026. O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense (ICA Ourense) condena a agresión sufrida por un letrado do turno de oficio en Oviedo, vítima dun apuñalamento mentres exercía a súa actividade profesional. Trátase dun suceso tráxico que conmociona á avogacía e que supón un ataque inaceptable contra quen exerce unha función esencial no sistema de xustiza.

Desde a institución colexial trasládanse, en primeiro lugar, os mellores desexos de pronta recuperación ao compañeiro agredido, así como todo o apoio e solidariedade ao seu contorno persoal e profesional.

Desde o ICA Ourense lémbrase que o turno de oficio constitúe un servizo público fundamental, imprescindible para garantir o acceso á xustiza en condicións de igualdade, especialmente para as persoas máis vulnerables. “A violencia contra quen desempeña este labor non só afecta á vítima, senón que impacta directamente nos piares do Estado de Dereito. É urxente avanzar en medidas para o recoñecemento efectivo —institucional e social— da labor que desempeñan as e os profesionais do turno de oficio.”

A Xunta de Goberno do ICA Ourense participará na concentración de repulsa convocada para mañá venres

A Xunta de Goberno do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense sumarase á concentración convocada a nivel estatal este venres 24 de abril, ás 12:00 horas, ante as sedes xudiciais, como mostra de repulsa polo sucedido e en defensa da dignidade, a seguridade e o respecto que merece a profesión.

Desde a institución pídeselle a participación de colexiadas e colexiados nesta convocatoria, reafirmando o seu compromiso coa defensa dos dereitos fundamentais e cun exercicio profesional seguro e digno.

Tamén che pode gustar...

Publicacións populares

gl_ESGalician