A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso presentado pola empregada ao considerar que non existen indicios suficientes para declarar a nulidade do despedimento nin para concluír que a extinción do contrato vulnerase os seus dereitos fundamentais, tal e como ela alegaba.
Na resolución, o alto tribunal salienta que a traballadora non acreditou ter presentado ningunha reclamación, nin xudicial nin extraxudicial, antes do despedimento. Engade que tampouco existía «ningunha conexión material» entre o seu caso e as demandas interpostas por outras compañeiras. Por iso, afirma que non concorrían os indicios necesarios para aplicar a garantía de indemnidade nin, en consecuencia, para inverter a carga da proba.
La Sala confirma la sentencia de primera instancia, que declaró el despido improcedente al considerar que la carta de cese no cumplía con las exigencias legales de concreción y motivación, pero ratifica, por tercera vez, que no hay vulneración de derechos fundamentales.
Galicia Press – O TSXG confirma a sentenza que declara improcedente o despedimento dunha traballadora do Colexio da Avogacía de Ourense
