Ourense, 30 de xullo de 2026
Estimadas/os compañeras/os:
Diríxome a vós ao peche deste ano xudicial para compartir un balance da xestión e dos retos que afrontamos. Moito avanzamos desde que iniciamos a loita pola pasarela ao RETA en abril de 2023. Hoxe estou convencida de que o conseguimos porque non prestamos atención a quen afirmaba que era unha meta inalcanzable. Esta batalla foi librada polas compañeiras e polos compañeiros de a pé, contra vento e marea, superando obstáculos institucionais e lealdades mal entendidas.
El hecho de estar hoy al frente de este Colegio ha permitido evitar posturas de oposición frontal a esta causa, pero lamentablemente no ha servido para que las instituciones hagan piña y remen en la misma dirección que el colectivo. Las cientos de reuniones mantenidas con representantes políticos y administraciones, los informes técnicos, las propuestas legislativas y las enmiendas presentadas no han nacido de las instituciones, que se encuentran lastradas por decanos que se oponen frontalmente a apoyar al colectivo al que se supone que representan; han sido fruto del trabajo de los compañeros.
Agora, na inevitable «batalla polas medallas», moitas persoas atribúense un apoio que nunca existiu desde o principio. Esquecen os insultos, os desprezos e as burlas cara a un traballo inxente que conseguiu remover conciencias e leis. Ao César o que é do César: o mérito é das compañeiras e dos compañeiros, das plataformas, das asociacións, do sindicato e das comisións dos poucos colexios que axudaron, mesmo a risco de seren denostados. A Mutualidade son as persoas mutualistas, do mesmo xeito que os colexios son as persoas colexiadas; é unha realidade que non todas as persoas quixeron asimilar, pero que finalmente se impuxo.
Para quienes no seguís el día a día de la tramitación, os informo de que, tras un último contratiempo parlamentario que amenazaba con vaciar de contenido la ley, hemos logrado convencer nuevamente a los grupos políticos de la necesidad de una norma que solucione la problemática de forma real y no como un mero brindis al sol. Cerramos el año con la satisfacción del deber cumplido, sabiendo que aún queda por delante la aprobación del reglamento y la lucha por el reconocimiento de la relación laboral especial para el Turno de Oficio. En esta nueva contienda, tampoco esperamos contar con el apoyo institucional; no por falta de voluntad de la Presidencia del Consejo General de la Abogacía Española (CGAE), que ya se manifestó a favor de los/as compañeros/as que pelearon por la pasarela, sino porque los/as decanos/as, algunos/as, nuevamente, lo impedirán. No importa: ya conocemos el camino y sabemos que la dignidad de la profesión no se negocia.
Seguiremos loitando malia quen parece ter decidido, especialmente aquí, en Galicia, que as voces disidentes deben ser silenciadas para se pregar ás maiorías en conivencia coa Administración. O Colexio non será un instrumento para a submisión; a lealdade institucional non pode ser unidireccional nin servir para impor a opinión de decanas e decanos que non consultan as súas bases, mesmo cando a persoa disidente defende aquilo que as súas propias colexiadas e colexiados votaron.
Grazas ao traballo nas plataformas, aprobouse unha pasarela que, aínda que deixa fóra as persoas xubiladas por vontade política —cuestión pola que seguiremos loitando—, garante unha prestación mínima ao resto do colectivo. Así mesmo, desde este Colexio propuxemos perante o CGAE a modificación dos estatutos para excluír o presidente da Mutualidade do Pleno do Consello. Enfrontarémonos a conselleiros que son vogais da Mutualidade e a decanos que investiron cantidades indecentes dos aforros das súas colexiadas e colexiados en produtos da Mutualidade que carecen da cobertura do Fondo de Garantía de Depósitos. Non estamos sós.
En relación co baremo da Quenda de Oficio en Galicia, non apoiaremos decisións que rebaixen as propostas acordadas. Este Colexio non renunciará a reclamar o pagamento de todos os conceptos realizados, nin rebaixaremos sen causa os importes reclamados. A falta de sinatura dun baremo coa Xunta non impediu a actualización das cantidades conforme ao IPC e si supuxo, por primeira vez, o anticipo do importe das infraestruturas, polo que non vemos motivo para regalar á Administración o traballo das compañeiras e dos compañeiros.
Un punto de inflexión na nosa xestión foi a firme decisión adoptada pola Xunta de Goberno o pasado 16 de xullo de 2026. Tras unha análise rigorosa, acordamos por unanimidade a non adhesión deste Colexio ao Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Consello da Avogacía Galega (CAG) para o período 2026-2028. Esta decisión, lonxe de ser un simple trámite, constitúe un acto de reivindicación da nosa soberanía e de respecto á profesión. Os motivos que sustentan esta desvinculación son profundos e afectan á propia esencia do noso labor:
—Falta de participación democrática: a subscrición deste convenio foi decidida polo Consello da Avogacía Galega sen escoitar este Colexio nin permitirlle participar, o que vulnera a nosa autonomía organizativa.
—Agravio comparativo coa Quenda de Oficio: resulta inaceptable que a retribución deste servizo sexa manifestamente desproporcionada e careza de equidade respecto dos baremos da Quenda de Oficio. Aceptar este convenio suporía validar un sistema que prima economicamente un asesoramento puntual, mentres mantén desatendida a reivindicación histórica dunha mellora retributiva para a defensa letrada integral da cidadanía máis vulnerable.
—Risco de competencia desleal: o obxecto do convenio abrangue o asesoramento a persoas propietarias ou usufrutuarias sen estar vinculado estritamente a criterios de insuficiencia de recursos. Isto podería subtraer clientela potencial á avogacía privada, ao ofrecer gratuitamente prestacións que deberían ser obxecto de contratación particular.
—Sobrecarga do Servizo de Orientación Xurídica (SOX): a asunción destas obrigas incrementaría a carga de traballo das compañeiras e dos compañeiros do SOX, restando recursos vitais para a atención directa no noso propio Colexio.
En definitiva, a integridade da profesión e o respecto ás nosas competencias deben prevalecer sobre calquera consideración económica puntual. Non permitiremos que se quebren os principios de xestión que asumimos no noso programa de goberno por un servizo de dubidosa necesidade social, mentres se manteñen baremos insuficientes para a Quenda de Oficio.
En canto aos asuntos internos, a xestión desta Xunta de Goberno está a ser sistematicamente torpedeada mediante recursos perante o Consello, interpostos principalmente por membros de xuntas anteriores, polas súas comisións, pola Agrupación de Avogados Novos e por compañeiras e compañeiros de despacho de todas estas persoas. Recorréronse decisións como a de non designar compañeiras e compañeiros para prestar servizos MASC gratuítos, obrigándoos a prestar o servizo sen retribución; a limitación da presenza da AANOU nas sesións da Xunta aos asuntos do seu interese; ou as bases para a renovación do profesorado do Máster, aínda sen a máis mínima eficacia práctica —non se recorre porque cambie a adxudicación das prazas, senón exclusivamente para poder dicir que foron anuladas e obrigar a realizar unha nova convocatoria—. Mesmo fomos denunciados por un colexiado non exercente por non executar sancións deontolóxicas da etapa anterior, ou pola decisión de cubrir a quenda de fóra de Ourense con persoas voluntarias para evitar desprazamentos forzosos e adscricións obrigatorias. Acúsasenos, paradoxalmente, de falta de información e, ao mesmo tempo, de vulnerar a normativa de protección de datos e dun posible delito de revelación de segredos por facilitar demasiada información.
Neste contexto de fiscalización extrema, obrigarannos a convocar unha Asemblea Xeral Extraordinaria para analizar xestións que son competencia exclusiva da Xunta de Goberno e que foron ratificadas en Asemblea Xeral mediante a aprobación dos orzamentos e das contas. Malia que os puntos da orde do día non poden ser obxecto de votación por invadir competencias executivas, obrigarase a formalizar unha convocatoria cuxo único fin é a súa utilización como ferramenta de escarnio público na prensa.
Por outra banda, queremos informar sobre as manifestacións realizadas polo exsecretario técnico, quen afirmou na Asemblea do 30 de marzo de 2026 que existían aproximadamente 16.000 euros en efectivo na caixa forte do Colexio, cantidade que a Xunta de Goberno consideraba un erro contable, ao non ter sido informada da súa existencia no momento da toma de posesión. Ante esta revelación, mediante resolución do 20 de abril de 2026, procedeuse á apertura dun trámite de información reservada para determinar a veracidade das afirmacións. No marco deste expediente, o 18 de maio de 2026 levantouse acta notarial de presenza e apertura da «caixa vermella» situada no interior da caixa forte, contabilizándose billetes e moedas polo importe indicado. Aproximadamente a metade correspondía a devolucións da quenda de compañeiras e compañeiros, nunca ingresadas nas contas colexiais —algunhas delas en pesetas, o que supón a existencia de sobres con efectivo sen control cunha antigüidade superior aos vinte anos—. Descoñécese a orixe ou procedencia do resto do diñeiro, sen que ningunha das persoas responsables das anteriores xuntas se faga cargo da devandita situación.
É importante sinalar que, desde a toma de posesión desta Xunta, atopámonos cunha herdanza de situacións laborais que requirían regularización. Malia que as traballadoras e os traballadores contaron con maiores garantías ca nunca —representación legal, eleccións sindicais e comunicacións formais por escrito—, a firme determinación desta Xunta de esixir un desempeño profesional proporcional ao salario percibido xerou unha elevada litixiosidade. As traballadoras e os traballadores iniciaron múltiples procedementos, entre os que destacan:
- Reclamaciones contra expedientes disciplinarios por infracción de la obligación de incompatibilidad, desobediencia de órdenes directas y no realización de funciones.
- Reclamaciones de trienios no pactados y de cantidad.
- Demandas por despido objetivo y acusaciones de acoso.
Sobre este último punto, queremos ser contundentes: as representacións letradas das traballadoras e dos traballadores acusaron de acoso esta Xunta e a Decana polo simple feito de lles pedir que cumpran as súas funcións e de dar explicacións sobre a xestión na Asemblea Xeral. Ata en tres ocasións, os xulgados e tribunais reiteraron que non existe tal situación de acoso. Malia iso, presentouse unha nova demanda. Infórmovos de que xa contamos coa terceira sentenza que nega a existencia de acoso laboral cara ás traballadoras e aos traballadores do Colexio. Esixir o cumprimento das funcións profesionais non é acoso; é responsabilidade na xestión.
A quen segue solicitando privilexios nas adxudicacións de quendas ou substitucións por conveniencia persoal, reitéraselle que tales prácticas non terán cabida mentres esta Xunta de Goberno estea á fronte. Seguimos traballando, coa mesma determinación que demostramos na loita pola pasarela ao RETA e na defensa dunha Quenda de Oficio digna, para que o Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense sexa un referente de independencia e ética profesional.
No plano persoal, quero compartir con vós que, tras asumir o duro diagnóstico de cancro recibido hai uns días, a intervención á que me sometín a semana pasada foi un éxito. Non podo estar máis agradecida á miña Xunta de Goberno, que resistiu insultos e presións de todo tipo, e ás miñas compañeiras de loita na Marea Negra e nas plataformas nacionais pola Pasarela ao RETA e pola Quenda de Oficio. Grazas a todas e todos os que traballades ao noso carón para dignificar a profesión. Seguiremos loitando polo regulamento da pasarela e polo recoñecemento da relación laboral especial da Quenda de Oficio, cumprindo o programa electoral co que nos comprometemos ante todas e todos vós.
Atentamente,
Marta Gómez Álvarez
Decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense
