¿Que é o Punto de Información Catastral?
El convenio de colaboración en materia de gestión catastral firmado entre la Dirección General del Catastro del Ministerio de Economía y Hacienda y el Ilustre Colegio de la Abogacía de Ourense permite que este servicio esté operativo a través del Colegio.
O obxecto deste convenio é o establecemento na sede colexial dun Punto de Información Catastral que permitirá a consulta e certificación telemática da información incorporada á Base de Datos Nacional do Catastro, mediante o acceso á oficina virtual do catastro. Deste xeito, a todos/as os/as nosos/as colexiados/as, en nome propio ou en representación dos seus clientes coa súa autorización, así como á cidadanía en xeral, facilitaráselles desde as oficinas deste colexio a consulta e solicitude de certificacións de datos catastrais, así como a presentación de declaracións ante o catastro.
Este servizo será gratuíto para os/as colexiados/as cando soliciten información ou certificados en nome propio; no caso de que o/a letrado/a o solicite para o seu cliente, ou se a persoa solicitante non fose colexiada, aplicaráselle as taxas correspondentes pola xestión colexial deste servizo.
¿Que servizos ofrece?
Os servizos aos que se poderá acceder desde este Punto de Información Catastral son os seguintes:
- Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Servizo de consulta e certificación electrónica para os/as titulares catastrais dos datos protexidos, relativos aos bens inmobles da súa titularidade.
- Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativo ao propio solicitante.
- Calquera outro servizo de consulta e certificación que se implante no futuro, nos termos da resolución que se dite para tal efecto.
¿Que tarifas se aplican?
A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os custes de expedición de certificacións catastrais do PIC, sendo os vixentes na data de hoxe os seguintes:
- Certificación descriptiva e gráfica: 19,78 € (este importe inclúe os datos dos colindantes).
- Certificación literal: 5 €.
¿Que requisitos e documentación deben cumprirse e presentarse?
- En nome propio: só será necesario presentar o DNI.
- Se non se actúa en nome propio: deberase contar coa correspondente autorización do/da cliente titular catastral e cunha copia do seu DNI.
Modelo de autorización: Anexo III da Resolución do 29 de marzo de 2005 da Dirección Xeral do Catastro (BOE núm. 109 do 07/05/2005).
¿Que normataiva se aplica?
- Real Decreto Lexislativo 1/2004, Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario: Título VI
- Real Decreto 417/2006, Regulamento do Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario: Título V
- Circular 02.03/2017, sobre o acceso á información catastral
- Lei Orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais
- Lei 58/2003, Xeral Tributaria
- Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas
- Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
- Resolución do 15 de xaneiro de 2019, pola que se aproba o réxime de establecemento e funcionamento dos Puntos de Información Catastral (PIC)
- Circular 03.01/2013P, do 11 de abril, sobre autorización, xestión e control dos Puntos de Información Catastral (PIC)
Enlaces de interese
