O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense amosa o seu pesar polo falecemento da nosa compañeira Marisol Nóvoa, avogada de profesión e presidenta da Confederación Empresarial de Ourense.
Primeira muller en liderar dita institución, Nóvoa desenvolveu unha destacada traxectoria profesional no eido xurídico, exercendo a avogacía con dedicación, rigor e compromiso, e manténdose en activo ata o final.
O seu traballo e o seu exemplo deixan unha pegada inesquecible tanto no sector empresarial como no mundo da avogacía. Alén da súa sobresaínte labor profesional, Marisol será lembrada pola súa calidade humana e pola súa proximidade.
Quen tivemos a oportunidade de compartir con ela traballo e amizade gardaremos sempre a súa lembranza con admiración e afecto.
Desde o Ilustre Colexio da Avogacía trasladamos o noso máis sentido pesar á súa familia, amizades e achegados nestes momentos de dor.
Descanse en paz
*Foto: Confederación de Empresarios de Ourense
