O Senado da luz verde á Proposición de Lei da pasarela ao RETA

O Pleno do Senado aprobou hoxe, 9 de xullo de 2026, a Proposición de Lei da pasarela ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos —RETA—, unha norma especialmente relevante para milleiros de profesionais mutualistas da avogacía e da procura.

O texto foi aprobado na Cámara Alta con 164 votos a favor, 96 abstencións e 1 voto en contra, polo que regresa agora ao Congreso dos Deputados para continuar a súa tramitación e afrontar a súa fase final.

Desde a Avogacía Española e o Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense salientamos a importancia deste avance parlamentario, sen perder de vista que a tramitación aínda permite introducir melloras nunha norma chamada a dar resposta a unha reivindicación histórica do colectivo mutualista.

Continuaremos defendendo que a futura lei ofreza unha solución real, eficaz e urxente, que inclúa a todos os compañeiros e compañeiras mutualistas e responda axeitadamente á situación de quen leva anos reclamando unha saída xusta.

Ditame aprobado polo Senado.

Tamén che pode gustar...

Publicacións populares

gl_ESGalician