Marta Gómez Alvarez, decana del Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense
En el artículo publicado el pasado mes de mayo, titulado Una Pasarela Justa para no Dejar a Nadie Atrás, definía la situación de los miles de profesionales mutualistas alternativos no como un conflicto sectorial, sino como un desafío a la propia dignidad de nuestro Estado de Derecho. Hablaba entonces de una «ventana de oportunidad», de un momento parlamentario decisivo en el que la Comisión de Trabajo, Economía Social, Inclusión, Seguridad Social y Migraciones del Congreso tenía en sus manos la capacidad de transformar décadas de desprotección en una solución de justicia material.
Hoxe, tras a sesión do Pleno do Congreso celebrada o pasado 11 de xuño de 2026, esa xanela parece terse pechado dun portazo, deixando tras de si un ronsel de perplexidade, indignación e unha profunda sensación de inseguridade xurídica. O que debía ser o acto final dun consenso longamente traballado converteuse nun escenario no que os intereses partidistas e os erros técnicos prevaleceron sobre os dereitos da cidadanía.
O espellismo do Ditame da Comisión
Para comprender a magnitude do agravio, cómpre analizar o que estivemos a piques de lograr. O Ditame, emitido pola Comisión o 1 de xuño, representaba un avance técnico e social sen precedentes. Aquel texto, froito de intensas negociacións e dun extenuante labor didáctico por parte dos colectivos afectados, incorporaba melloras substanciais que permitían albiscar unha saída digna para todas as persoas.
El Dictamen proponía una nueva Disposición Transitoria Cuadragésima Séptima en el Texto Refundido de la Ley General de la Seguridad Social que establecía reglas claras. En su apartado cuarto, fijaba un coeficiente de mejora para la conversión de los derechos económicos acumulados en periodos cotizados que, si bien no alcanzaba el «año por año» solicitado, ofrecía una base de cálculo para evitar la indigencia de las futuras pensiones.
Máis importante aínda era o apartado quinto do devandito ditame, que establecía un beneficio vital para as persoas mutualistas maiores de 52 anos —a 31 de decembro de 2026—: o cómputo de cada mes de alta na mutualidade como un mes de alta no RETA, para os exclusivos efectos de determinar a porcentaxe aplicable á base reguladora. Esta medida era a táboa de salvación para quen, por razóns biolóxicas, xa non dispón de tempo para reconstruír unha carreira de cotización no sistema público. Era, en definitiva, o recoñecemento do esforzo contributivo de toda unha vida.
A xornada do 11 de xuño: Cando a política ignora ás persoas
Porén, o texto finalmente aprobado polo Pleno e remitido ao Senado sufriu unha mutilación que desvirtúa o espírito da reforma. O funcionamento do sistema parlamentario, a miúdo opaco para a cidadanía, permitiu que o acordado en Comisión se esfarelase no Pleno. Tres erros nas votacións e unha preocupante dose de revanchismo político pesaron máis ca o benestar de miles de familias.
O texto definitivo que agora viaxa ao Senado dilúe as certezas do Ditame nun mar de ambigüidades regulamentarias. O coeficiente de mellora desapareceu e foi substituído, no apartado segundo da nova disposición transitoria 47.ª, por un «coeficiente que se modulará en función dos anos en situación de alta… tomando como referencia os parámetros que regulamentariamente se determinen». Esta remisión ao regulamento constitúe unha deixación de funcións que traslada a decisión política á discrecionalidade administrativa e priva as persoas afectadas da seguridade xurídica que garante unha lei de rango superior.
Unha análise comparativa da desprotección
A diferenza entre o Ditame e o texto final non é meramente semántica; é unha cuestión de supervivencia económica. Mentres o Ditame da Comisión trataba de blindar a situación das persoas máis vulnerables, o texto aprobado polo Pleno parece ter sido redactado para minimizar o impacto nas arcas públicas á custa da protección social.
A nova redacción elimina o texto que permitía que unha inmensa maioría accedese á pensión mínima de xubilación, a cambio de permitir a incorporación de todas as persoas afectadas. Na práctica, isto significa, ademais dunha enorme complexidade para o desenvolvemento regulamentario, que xa ninguén terá garantida a pensión mínima, senón que cada unha das persoas que poidan incorporarse recibirá aquilo que poida «mercar» co seu fondo. Ignórase así que a maioría das persoas xubiladas non dispón de fondo ou que moitas das afectadas o perderon por decisións completamente alleas a elas e nas que non puideron participar: malos investimentos das mutualidades; reducións dos fondos como consecuencia do paso a sistemas de capitalización individual; integracións dunhas mutualidades noutras; ou, simplemente, decisións de mutualidades que destinaron as cotas e os fondos das persoas mutualistas, así como os beneficios obtidos con eles, a outras finalidades máis lucrativas ou máis interesantes para os seus negocios.
É incomprensible que unha lei que nace para corrixir unha situación de desprotección xerada baixo o amparo e o consentimento do Estado ignore precisamente a quen xa está a sufrir as consecuencias dese sistema errado. Como dicía en maio, a protección das persoas xa xubiladas debe ser imperativa, non unha facultade potestativa que dependa de futuras e dubidosas «prestacións sociais» das mutualidades ou dos anos que poidan trocar cun fondo, na maioría dos casos, xa inexistente. Igualmente incomprensible é que se pretenda actualizar as bases conforme ao IPC, obrigando a «mercar» bases de 1996 ou 2006 ao prezo de 2026 e sen ter en conta as prestacións non percibidas. Se, como vemos, o único importante é o capital, tampouco ten sentido limitar a posibilidade de subscribir un convenio especial e mercar —agora si, sen comiñas— cotizacións suficientes para garantir unha vellez digna, como establece a Constitución e da que goza o resto da cidadanía.
A dignidade non se merca, pero, se me van obrigar a mercala, permítanme endebedarme como mellor me pareza para poder acceder a ela. Como berraba hai xa moitos meses en Sevilla unha compañeira, desde toda a súa desesperación: «Na miña fame mando eu!».
O Senado: A última trincheira da confianza lexítima
O proceso lexislativo non rematou. O texto atópase agora no Senado, e é neste punto onde as persoas afectadas redobramos os nosos esforzos. Non pedimos privilexios; esiximos dereitos e a aplicación do principio de confianza lexítima. Moitos profesionais optaron polo sistema mutualista porque era o marco legal vixente e estaba avalado polas institucións. Se ese marco se revelou insuficiente, o Estado non pode desentenderse alegando que foi unha «opción voluntaria», cando esa opción se baseou nunhas expectativas de cobertura que o propio lexislador recoñeceu como erradas na exposición de motivos da propia proposición de lei.
A indignación tras o Pleno do 11 de xuño é o motor dunha loita que non vai cesar. O Senado ten a oportunidade de corrixir os erros do Congreso, de recuperar o espírito do Ditame da Comisión e de dotar a pasarela de «xustiza material».
Lexislen para a solución, non para o conflicto
Non abonda con tramitar unha lei; cómpre lexislar solucións. Unha pasarela que nace con defectos técnicos que fan inviable unha solución para as persoas de maior idade é unha invitación directa á litixiosidade masiva. A orde xurisdicional social verase inundada de reclamacións baseadas na vulneración do principio de igualdade e na insuficiencia das prestacións.
Desde estas liñas, facemos un chamamento ás senadoras, aos senadores, ás deputadas e aos deputados para que actúen con altura de miras. Teñen nas súas mans a posibilidade de corrixir un texto que, na súa redacción actual, é unha sombra do que puido ser. A dignidade de miles de profesionais que contribuíron ao desenvolvemento deste país non pode converterse en moeda de cambio nunha negociación orzamentaria nin quedar condicionada por un erro de votación.
En maio pediamos unha pasarela xusta. En xuño, tras ver como se esvaecía o consenso, esiximos que se restaure a decencia lexislativa. O momento é agora, porque detrás de cada artigo da lei hai vidas humanas que non poden agardar máis.
Señoras e señores senadores e deputados, a maioría de vostedes, que si se ven beneficiados pola nova redacción, xa teñen garantida unha pensión máis ca digna. Lexislen para as persoas afectadas.
Artigo publicado en: https://www.lawandtrends.com/
