O ICA Ourense convoca unha sesión informativa sobre a Lei da Pasarela ao RETA

O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense celebrará o vindeiro martes, 16 de xuño de 2026, ás 19:00 horas, no seu salón de actos, unha sesión informativa sobre a Lei da Pasarela ao RETA, cuxa votación está prevista para este xoves, 11 de xuño, no Pleno do Congreso dos Deputados.

A xornada ten como obxectivo analizar o texto definitivo que resulte aprobado e explicar as súas principais implicacións para os/as profesionais afectados/as, especialmente no relativo ás condicións, requisitos e prazos para transitar desde o Réxime Xeral ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos.

Durante a sesión tamén se abordarán cuestións vinculadas a cotizacións, prestacións e dereitos sociais, co propósito de ofrecer información clara e resolver as dúbidas que poidan xurdir tras a aprobación da norma.

Tamén che pode gustar...

Publicacións populares

gl_ESGalician