Manifestación de mutualistas alternativos o 8 de mario en Madrid
- O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense apoia a demanda dunha solución lexislativa xusta e con seguridade xurídica para os profesionais mutualistas.
Ourense, 3 de mayo de 2026 – El Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense (ICA Ourense) manifiesta su apoyo a las reivindicaciones de los/as profesionales colegiados/as afectados por el sistema de mutualidades alternativas y respalda la manifestación convocada en Madrid el próximo 8 de mayo, para solicitar una reforma legislativa urgente y eficaz.
Desde esta institución, instamos os grupos parlamentarios a actuar coa máxima responsabilidade e dilixencia para que o proceso lexislativo en curso culmine nunha lei que ofreza unha solución equitativa e duradeira. É imperativo que a futura norma garanta unha pasarela ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) que recoñeza o tempo efectivamente traballado e permita acceder a unha xubilación digna.
O proceso lexislativo en curso debe abordar de maneira estrutural as deficiencias que levaron milleiros de profesionais a unha situación de grave incerteza de cara á súa xubilación. O texto que se debaterá proximamente en Comisión parlamentaria debe ser unha ferramenta de xustiza e equidade, e non unha fonte de novos problemas.
Respaldamos a necesidade de que a futura norma garanta a seguridade xurídica e a coherencia técnica, cunha redacción coidada que corrixa imprecisións e elimine ambigüidades. É imperativo que se atendan as demandas históricas do colectivo, como o establecemento dunha Pasarela ao RETA, para todos, que sexa xusta e completa.
O Estado ten o deber de escoitar as persoas afectadas e garantir que todos os cidadáns que cotizaron ao longo da súa vida laboral poidan acceder a unha xubilación digna dentro do sistema público.
O ICA de Ourense insta todos os grupos parlamentarios a actuar con responsabilidade, escoitar as demandas do colectivo e consensuar un texto que garanta unha xubilación digna e poña fin a unha inxustiza histórica.
Facilitarase axuda aos colexiados e ás colexiadas para o desprazamento a Madrid.
