A Lei 15/2021, do 23 de outubro, pola que se modifica a Lei 34/2006, do 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de avogado e procurador dos tribunais e no Real decreto 64/2023, do 8 de febreiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 34/2006, do 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións da avogacía e a procuradoría, esixen a superación dunha formación específica e unha avaliación posterior para a obtención do Título Profesional de Avogado que habilite para o exercicio da profesión.

Tanto a Universidade de Vigo, a través da Facultade de Dereito de Ourense, como o Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense teñen entre os seus obxectivos a formación de quenes desexan exercer como profesionais da avogacía.

O Máster de Acceso á Avogacía está organizado conxuntamente polo Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense e mais pola Universidade de Vigo, a través da Facultade de Dereito de Ourense, en cumprimento da Lei 15/2021 e do Real Decreto 64/2023, do 8 de febreiro. Trátase dun Máster de carácter obrigatorio para os novos titulados que desexen exercer a avogacía en España, cunha clara orientación profesional.

O Máster impártese de maneira presencial, nun 50 % por profesorado da Universidade e noutro 50 % por profesionais da avogacía, na Facultade de Dereito de Ourense, así como tamén na sede do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense.

O Máster conta cunha Coordinadora Académica, a Dra. Dolores Fernández Fustes (Universidade), e cun Coordinador Profesional, D. Benxamín Mayo Martínez (ICA Ourense). A este último correspóndelle elaborar a proposta do Plan de Prácticas e o seu cronograma, así como a designación dos titores de prácticas, que posteriormente deberán ser aprobados pola Comisión Académica.

Para obter información adicional sobre o contido e desenvolvemento do Máster, pódese consultar a páxina web da Facultade de Dereito de Ourense:

http://masteravogacia.webs.uvigo.es/gl/

gl_ESGalician