Os membros do colectivo que teñan o seguro a través da póliza colectiva do ICA, pasaráselles o importe de forma fraccionada en catro cotas trimestrais.

Os/as compañeiros/as que non desexen estar cubertos/as por esta póliza e conten cun seguro de responsabilidade civil contratado que lles dea cobertura deben comunicalo para non seren incluídos/as na póliza.

Os membros de nova colexiación estarán cubertos desde a súa colexiación ata o vencemento da póliza en vigor no ano en que se colexian.

gl_ESGalician