De conformidade co artigo 7º, primeiro parágrafo (Estatuto Xeral da Avogacía Española)
O título oficial que habilite para o exercicio da profesión da Avogacía e a incorporación ao Colexio do domicilio profesional, único ou principal, serán requisitos imprescindibles para exercer a Avogacía. Presumirase como domicilio principal aquel no que se atope o despacho profesional principal ou único no territorio español ou, na súa falta, o domicilio persoal en España. A colexiación como exercentes habilita para exercer en todo o territorio do Estado.
De conformidade co artigo 15º (Estatuto do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense)
Para pertencer ao Colexio da Avogacía de Ourense será necesario cumprir cos requisitos esixidos pola lexislación estatal e, se procede, pola autonómica, polo Estatuto Xeral da Avogacía Española e demais normas aplicables; solicitar a incorporación ao Colexio e aboar os dereitos de incorporación establecidos.
A incorporación de novos/as colexiados/as realizarase a través do servizo administrativo da secretaría do Colexio, situada na sede central do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense (Rúa Concello, 22), onde se atenden as solicitudes de novas incorporacións (tanto exercentes como non exercentes), así como as incorporacións de colexiados/as procedentes doutros países da UE e de países extracomunitarios.
Horario de atención:
- Invierno: de 9:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas de luns a venres
- Verano: de 9:00 a 13:30 horas de luns a venres
Departamento de altas colegiales:
Juan Luis Álvarez Soto
Tlf: 988.210.076
Correo: secretaria@icaourense.gal
ALTA COMO EXERCENTE
1. Solicitude escrita dirixida á Excma. Sra. Decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, que deberá incluír
1.1 Se se solicita a alta como exercente e non exercente
1.2. Se pertence ou pertenceu a outros Colexios da Avogacía, indicando os períodos correspondentes.
1.3. Declaración responsable da inexistencia de causas de incompatibilidade segundo o Estatuto Xeral da Avogacía.
1.4. Folla cumprimentada cos datos persoais do/a solicitante.
2. Documentación requerida:
2.1. Título de Licenciatura ou Grao en Dereito.
A) Título profesional de Avogado/a regulado na Lei 34/2006, de 30 de outubro.
B) Para licenciados/as en Dereito con posterioridade ao 31 de outubro de 2011:
- B.a) Título de licenciatura con mención expresa con data de finalización dos estudos.
- B.b) Se non se dispón aínda do título, pódese presentar unha certificación académica coa data de finalización e xustificante do pagamento para a súa expedición.
Nota: A documentación debe presentarse orixinal ou compulsada notarialmente.
- Certificado de antecedentes penais (a través do Rexistro Civil ou a web: www.mjusticia.gob.es)
- Anta no RETA (Réxime de Autónomos) o en la Mutualidad de la Abogacía Española o
Se se elixe o RETA, esta elección é irreversible. Se se traballa por conta allea, deberá presentarse un certificado da empresa que acredite a contratación como avogado/a con dedicación exclusiva e o número de afiliación á Seguridade Social.
- Alta no Imposto de Actividade Económica
- Certificado do Consello Xeral da Avogacía Española sobre os antecedentes do solicitante.
Pode solicitarse a través do Colexio tras o pago de 165,95 € na conta bancaria que deberá solicitar ao propio Colexio.
- Declaración xurada sobre se exerce ou non funcións na Administración. Se as exerce, debe indicar a naturaleza, categoría e aportar certificación de non incurrir en incompatibilidade.
- Duas fotografías tamaño carné.
- Pago de 400 € en concepto de derechos de incorporación.
- Seguro de Responsabilidade Civil (obrigatorio).
Desde a data de incorporación ata abril, está cuberto de xeito gratuíto. A partir de abril, xírase a prima anual (de abril a abril) na conta facilitada.
ALTA COMO NON EXERCENTE
Presentarase a mesma documentación que para exercente, salvo nos seguintes aspectos:
- Punto 1: Non é preciso completar os apartados 1.2 e 1.3
- Punto 4: Opcional
- Punto 5: Exento
- Punto 6: O certificado do CGAE costa 101,58 €
- Punto 7: Exento
- Punto 9: Os dereitos de incorporación son de 275 €
- Punto 10: Exento
CAMBIO DE NON EXERCENTE A EXERCENTE
Se xa foron exercentes no Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, deberán acreditar:
- Alta no IAE
- Alta no RETA ou Mutualidade da Abogacía
- Certificado de carecer de antecedentes penais
- Certificado do Consello Xeral da Avogacía Española
FORMA DE PAGO
Pode poñerse en contacto co Colexio a través do correo secretaria@icaourense.gal para informarse dos datos bancarios e proceder ao pagamento.
LETRADOS/AS PROCEDENTES DOUTROS COLEXIOS
- Solicitude escrita dirixida á Excma. Sra. Decana solicitando a alta.
- Certificación do Colexio de orixe indicando a data de incorporación e os cambios de situación colexial. Se procede de fóra de Galicia, deberá acreditar o importe aboado en concepto de dereitos de incorporación.
- Certificado do Consello Xeral da Avogacía.
- Folla con datos personais e bancarios para domiciliación de cuotas.
- Xustificante de estar dado/a de alta no RETA ou na Mutualide.
Se é exercente por conta allea, deberá presentar un certificado da empresa que acredite a contratación exclusiva como avogado/a e indique o número de afiliación á Seguridade Social.
