{"id":1746,"date":"2026-07-23T21:47:56","date_gmt":"2026-07-23T19:47:56","guid":{"rendered":"https:\/\/icaourense.gal\/?p=1746"},"modified":"2026-07-24T10:20:28","modified_gmt":"2026-07-24T08:20:28","slug":"el-congreso-aprueba-definitivamente-la-pasarela-al-reta-tras-anos-de-reivindicaciones-de-los-mutualistas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/icaourense.gal\/gl\/el-congreso-aprueba-definitivamente-la-pasarela-al-reta-tras-anos-de-reivindicaciones-de-los-mutualistas\/","title":{"rendered":"O Congreso aproba definitivamente a Pasarela ao RETA tras anos de reivindicaci\u00f3ns das persoas mutualistas."},"content":{"rendered":"<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>A norma permitir\u00e1 a milleiros de profesionais trasladar voluntariamente ao sistema p\u00fablico os dereitos econ\u00f3micos acumulados nas mutualidades, a\u00ednda que deixa f\u00f3ra aquelas persoas que xa te\u00f1en a condici\u00f3n de pensionistas.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Congreso dos Deputados aprobou definitivamente este xoves, 23 de xullo de 2026, a reforma da Lei Xeral da Seguridade Social que regula a denominada Pasarela ao RETA, unha medida longamente reivindicada por avogados\/as, procuradores\/as e outros\/as profesionais adscritos a mutualidades alternativas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A aprobaci\u00f3n culmina unha tramitaci\u00f3n parlamentaria iniciada en 2024 e abre a posibilidade de que milleiros de mutualistas poidan transferir voluntariamente \u00e1 Tesourar\u00eda Xeral da Seguridade Social os dereitos econ\u00f3micos acumulados durante a s\u00faa permanencia nestas entidades.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A transferencia supor\u00e1 a incorporaci\u00f3n obrigatoria e irreversible ao R\u00e9xime Especial de Traballadores Aut\u00f3nomos pola actividade profesional que deu orixe \u00e1s achegas. As persoas interesadas dispor\u00e1n dun prazo dun ano desde a entrada en vigor do regulamento para solicitar individualmente o seu acceso \u00e1 pasarela.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">O desenvolvemento regulamentario ser\u00e1 determinante<\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A aprobaci\u00f3n parlamentaria non implica que o procedemento poida iniciarse de maneira inmediata. O Goberno disp\u00f3n agora dun prazo m\u00e1ximo de tres meses para desenvolver regulamentariamente a norma e concretar as condici\u00f3ns de acceso, o procedemento de transferencia e a conversi\u00f3n dos fondos acumulados en per\u00edodos reco\u00f1ecidos de cotizaci\u00f3n ao RETA.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Con car\u00e1cter xeral, para realizar esta conversi\u00f3n tomarase como referencia a base m\u00ednima de cotizaci\u00f3n que lle corresponder\u00eda ao profesional no RETA, aplic\u00e1ndolle un coeficiente de mellora situado entre o 0,67 e o 0,87, destinado a ter en conta as diferenzas existentes entre as continxencias cubertas por ambos os dous sistemas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A norma contempla un tratamento m\u00e1is favorable para aquelas persoas que te\u00f1an cumpridos 52 anos ou m\u00e1is o 31 de decembro de 2026. Nestes casos, cada mes completo de alta e cotizaci\u00f3n na mutualidade alternativa poder\u00e1 computarse como un mes completo de alta no RETA, para os efectos de determinar a porcentaxe aplicable \u00e1 base reguladora da s\u00faa futura pensi\u00f3n de xubilaci\u00f3n. Tam\u00e9n se reco\u00f1ece de forma espec\u00edfica o tempo durante o cal determinados profesionais estiveron obrigatoriamente integrados en mutualidades substitutivas antes de que estas pasasen a ser alternativas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A transferencia dos dereitos econ\u00f3micos estar\u00e1 exenta de tributaci\u00f3n polas operaci\u00f3ns derivadas deste proceso.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">As persoas mutualistas xubiladas quedan exclu\u00eddas<\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Un dos aspectos m\u00e1is controvertidos do texto aprobado \u00e9 a exclusi\u00f3n de quen xa te\u00f1a a condici\u00f3n de pensionista dun r\u00e9xime p\u00fablico ou da propia mutualidade alternativa. A \u00fanica excepci\u00f3n prevista afecta \u00e1s persoas que perciban unha pensi\u00f3n de viuvez.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Esta limitaci\u00f3n deixa f\u00f3ra a alg\u00fans dos profesionais que se atopan nunha situaci\u00f3n econ\u00f3mica m\u00e1is vulnerable despois de ter cotizado durante d\u00e9cadas e percibir actualmente prestaci\u00f3ns que, nalg\u00fans casos, apenas alcanzan os 400 ou 600 euros mensuais. Asociaci\u00f3ns e colectivos mutualistas consideran, por iso, que a aprobaci\u00f3n constit\u00fae un avance importante, pero non unha soluci\u00f3n completa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A lei representa un paso fundamental despois de tres anos de di\u00e1logo institucional e reivindicaci\u00f3ns, a\u00ednda que o texto non incorpora todas as demandas formuladas pola profesi\u00f3n. O desenvolvemento regulamentario ser\u00e1 agora decisivo para garantir seguridade xur\u00eddica, flexibilidade e unha resposta adecuada \u00e1s distintas situaci\u00f3ns persoais e profesionais.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Un punto de partida, non o final das reivindicaci\u00f3ns.<\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais de regular a Pasarela ao RETA, a reforma introduce novas obrigas de transparencia para as mutualidades, que deber\u00e1n informar periodicamente sobre a evoluci\u00f3n dos fondos e facilitar a documentaci\u00f3n necesaria para reforzar a s\u00faa supervisi\u00f3n e control.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tam\u00e9n establece unha equiparaci\u00f3n progresiva das achegas realizadas \u00e1s mutualidades alternativas coas cotas do RETA. Estas achegas alcanzar\u00e1n o 86 % en 2026, o 93 % en 2027 e o 100 % en 2028. O Goberno deber\u00e1, as\u00ed mesmo, elaborar antes do 31 de decembro de 2030 un informe sobre o funcionamento do r\u00e9xime de alternatividade e o seu posible mantemento ou reforma.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A aprobaci\u00f3n definitiva da Pasarela ao RETA constit\u00fae un fito hist\u00f3rico conseguido grazas \u00e1 mobilizaci\u00f3n sostida de milleiros de mutualistas, entre os que se atopan moitas persoas colexiadas deste ICA. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por\u00e9n, o proceso non remata coa votaci\u00f3n celebrada no Congreso. A atenci\u00f3n c\u00e9ntrase agora na publicaci\u00f3n da lei, no seu desenvolvemento regulamentario e na procura dunha soluci\u00f3n para aquelas persoas que contin\u00faan exclu\u00eddas, especialmente os mutualistas xa xubilados que perciben prestaci\u00f3ns insuficientes tras toda unha vida de exercicio profesional.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>La norma permitir\u00e1 a miles de profesionales trasladar voluntariamente al sistema p\u00fablico los derechos econ\u00f3micos acumulados en las mutualidades, aunque deja fuera a quienes ya tienen la condici\u00f3n de pensionistas. El Congreso de los Diputados ha aprobado definitivamente este jueves, 23 de julio de 2026, la reforma de la Ley General de la Seguridad Social &hellip; <\/p>","protected":false},"author":1,"featured_media":1687,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[],"class_list":["post-1746","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-profesion"],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/icaourense.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1746","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/icaourense.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/icaourense.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/icaourense.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/icaourense.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1746"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/icaourense.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1746\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1749,"href":"http:\/\/icaourense.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1746\/revisions\/1749"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/icaourense.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1687"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/icaourense.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1746"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/icaourense.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1746"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/icaourense.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1746"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}